Blogger Template by Blogcrowds.

 Este ano estamos moi orgullosas deste club porque... hai futuro!!!

Un grupiño de alumnas e alumnos con moitísimo interese que demandaron moitas lecturas e eran ávidas mulleres empoderadas á hora de falar dos nosos temas.

Un resumo dos libros que leron é o seguinte vídeo que realizaron con motivo do 8 de marzo:





Despois desta data seguimos lendo. Un dos libros que lemos foi "25N", un libro que nos gustou moito, xa que nel atopamos poemas, ilustracións...

Asemade, algunhas das integrantes pediron ler libros diferentes para recomendar entre elas:

"Si es amor, no duele"


 

Este libro pode axudarnos a recoñecer unha relación tóxica. É importante saber que alguén nos quere, non cometer o erro de que nos fagan dano repetidas veces; as palabras ás veces doen máis ca os golpes. Hai comportamentos que quizais non percibimos facilmente para comprender o dano que nos fan.

Grazas á información que nos aportan libros coma este, coido que se darán cada vez menos situacións semellantes e será pouco a pouco unha sociedade máis sa.

 

"Ladydi"


 

É terrible que no mundo no que vivimos sigan ocorrendo cousas coma polas que tivo que pasar e sufrir a protagonista, ou tantas inxustizas. Este libro amósanos unha realidade que non acostumamos ver nos medios de comunicación, pero que deberiamos coñecer. Agardamos que  chegue o día  no que se tomen medidas contra este tipo de situacións e que ningunha muller teña que sufrir por feitos así.


"Palabras envelenadas"


 

Esta novela fala sobre o abuso sexual a menores. Unha historia arrepiante que pode ser totalmente real. O abuso sexual familiar é deleznable, e moistas veces xs menores que o sofren senten máis medo de dununcialo, e deberiamos constituír unha sociedade na que isto non pasase.


"Sandra ama a Meike"


 

Unha historia fermosa sobre dúas mozas namoradas. Pero tamén fala da homofobia, probleme grave presente na nosa sociedade. Todas e todos temos dereito de namorar de quen sexa, sen medo a que nos discriminen ou que nos faltan ao respecto. O amor é amor, dá igual se son do mesmo sexo ou non. Debemos conseguir que no futuro non exista a homofobia.


"Tío, cállate"


 

Este libro fala da situación que sufrimos as mulleres. Escrita dun xeito moi próximo ao lectorado, resulta doado de comprender. Grazas a este manual percateime de situacións reais na que nunca antes reparara, aprendín cousas novas e reforcei coñecementos. Tamén me ensinou ideas moi interesantes prar responder de forma enxeñosa e argumentada a comentarios machistas, algo que oímos constantemente. Sentinme identificada na súa lectura e fíxome ver que non estamos soas na nosa loita feminista e que todas temos que somos soportar comentarios machistas de xeito cotiá.

0 Comments:

Post a Comment



Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio