Blogger Template by Blogcrowds.




“Cumbres borrascosas” é unha novela escrita por Emily Brotë, unha escritora británica que naceu en Thornton o 3º de xullo de 1818. Esta novela é considerada unha das súas obras máis célebres, xa que é un clásico da literatura inglesa. Como no S.XIX as mulleres tiñas moitos problemas a hora de publicar un libro, entre outras cousas, Emily para poder publicar esta novela tivo que facelo baixo  un psudónimo másculino.
Cumbres borrascorras é un clásico da literatura. Un home chamado Lockwood chega á finca Wuthering Heights para atoparse co señor Heathcliff, o seu propietario. A recepción non pode ser máis fría, hostil e desagradable. Na casa viven outras dúas persoas, Catherine, unha fermosa moza con ollos azuis, e a diferenza da beleza de Catherine, tamén vive Hareton Earnshaw. Os tres personaxes parécenlle a Lockwood incomprensiblemente groseiros e desagradables. 
O Sr Earnshaw, propietario de Cumbres borrascosas, un día trouxo a casa a Heathcliff, un neno abandonado, para así crialo como se fora o seu propio fillo. Ó principio, non foi ben recibido pero finalmente, Catherine, faise amiga del. Poren, o fillo máis vello, Hindley, detestabao e non perde as oportunidades para humíllalo.
Anos máis tarde, os pais de Catherine e Hindley morren. Hindley cásase cunha muller chamada Frances, coa que ten un fillo, Hareton. Por outra parte, Frances prohibelle a Heathcliff manter o contacto con Catherine, pero os dous manteñen a súa amizade en segredo. E iso fai que se converta nun amor apaixonado. 
Un día deciden ir espiar ós veciños que viven na granxa dos Tordos. Poren son descubertos e ó intentar fuxir, un can morde a Catherine. Os veciños acóllena e mesmo lle ofrecen que se quede na súa casa hasta que se cure, pero mentrastanto, expulsan a Heathcliff, que o consideran un servo por mor do seu aspecto. Isto todo fai que cando Catherine volve aos Cumbres, xa non sexa unha rapaza salvaxe, senón unha moza feita e dereita.
Catherine casase co fillo de Linton, Edgar, pero confesa que realmente está namorada de Heathcliff. Este, que escoita unha parte da conversa agochado, séntese ofendido, porque Catherine di que non quere casarse con el porque a unión a baixaría. Ferido no seu orgullo, desaparece, pero regresa despois de tres anos, enriquecido por negocios escuros. 
Catherine enferma polos enfrontamentos entre o seu marido e Heathcliff, acaba morrendo a noite da entrega do seu primoxénito. 
En conclusión, foi un libro que non me desgustou, aínda que teño que dicir que a súa temática non é das miñas preferidas. A descrición dos personaxes e do ambiente está moi lograda e, en xeral, a súa lectura é áxil e mantén a tensión ata o final. Penso que ó principio é algo complicado situar ós personaxes e iso fai que sexa un pouco confusa, pero a medida que vas lendo e te adentras na historia, esta consegue engancharte, xa que consegue manter a intriga ata o final, como xa dixen antes. Na novela podemos encontrar un pouco de todo: amor, odio, vinganza e mesmo traxedia; é por iso que considero que é unha das novelas que hai que ler si ou si e recoméndoa cen por cen.


0 Comments:

Post a Comment



Publicación máis recente Publicación máis antiga Inicio