Éxito asegurado. O tipo de libros axeitado para este lectorado que non defrauda nunca. Unha vez máis, choran polo final, que querían fose feliz, claro está.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
Unha Cincenta que se indenpendiza e rexeita os zapatos altos con taco e príncipes, desconstrúe estereotipos e axuda a formar mozas decididas e independentes.
Unha Bela que non se namora da Besta porque sabe que a auténtica fermosura está no interior das persoas.
O primeiro libro que escollemos foi "Terra" de Xurxo Mariño, porque é un libro ameno onde o autor consegue facer verdadeira divulgación científica, algo que sabemos que non é doado. Ademais, contabamos con que o alumnado tivo a sorte de escoitar a Xurxo cando fixera unha visita ao Laxeiro, antes de escribir este libro, co que xa tiñamos unha parte da andaina realizada. E foi un éxito.
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura Científico, Curso 2017-2018
Un libro que gusta e un autor que normalmente engancha ao lectorado, máis a este tipo de nenos e nenas que queremos enganchar á lectura. De feito, este é un dos libros que máis gustou de entre todos os lidos.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 3º ESO, Curso 2017-2018
Porque semella que a involución que estamos a sufrir non importa a ninguén. Inculcar ás nenas que deben coidar do fogar e da súa figura, esquecéndose de toda forma de emancipación, é arestora algo natural. Os xoguetes son rosas. A roupa é rosa. O pensamento é rosa... E hai miles de libros de cor rosa. E esta tonalidade plantéxase como unha opción cando é unha imposición. Sen autonomía, dende o berce, as nenas son educadas e encamiñadas nun pensamento único e colonial.
O último libro foi escollido e pedido por parte das alumnas que conforman o club. E non defradou. Desta volta, volveu a gustar máis o libro có filme.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 2º ESO, En lingua galega, Reunión, Teatro
Etiquetas: 3º ESO, Club de Sara Castro “Gozando no Laxeiro”, Reunión, Teatro
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura “Lois Pereiro”, Reunión
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 2º ESO, En lingua galega, Reunión
Etiquetas: Cine, Club de Lectura “Medrando” de 1º de ESO, Opinión dun libro, Reunión
Porque tamén hai que celebrar o amor.... Este libro encantou e foi votado como o mellor dos lidos no club este curso.
Etiquetas: 3º ESO, Club de Sara Castro “Gozando no Laxeiro”, Reunión
Como toque final dentro do noso club de lectura relacionado co plan proxecta "Donas de si", acudimos a este libro, que nos introduce no universo feminino matemático, tocando figuras case descoñecidas para o público en xeral e que non tiveron a notoriedade histórica que merecían polo feito de seren mulleres. De aí a importancia deste tipo de lecturas que dan a coñecer ao noso alumnado aquelas figuras femininas ocultas pola sociedade patriarcal na que vivimos e que agora debemos ir desvelando pouco a pouco co noso traballo.
Ao final, realizamos un Manequin Challenge para visibilizar e recoñecer o labor das nosas científicas galegas, que podedes ver no blogue da biblioteca.
Etiquetas: 3º ESO, Actividades, Club de lectura Matemática
En 2º de ESO decidimos que iamos ler todos os libros que teñan adaptación cinematográfica, para ver a película o día da reunión e poder comparar ambas producións. O estraño resultou que este libro non gustou, porque segundo afirmaron as ilustracións impedían deixar paso ao maxín. En cambio o filme gustou máis.
Etiquetas: Cine, Clásicos adaptados, Club de lectura “Sen ruído” de 2º ESO, Reunión
Xa que todo o centro andaba a ler os libros de LEdicia Costas, o noso club de lectura non quixo ser menos. O libro encantounos!
Este libro convocou a varios clubs o mesmo día arredor dunha autora, xa que tivemos a sorte de que viñese ao noso centro. Así, arredor dela, estabamos o Club de LEctura pola Igualdade de 3º de ESO, o Club de Lectura "Lois Pereiro" de 4º de ESO e o club de lectura feminista de 1º de Bacharelato.
Foi un pracer coñecer a autora e que nos contase o proceso de creación dos seus libros, dos dous, e que xa hai un terceiro en marcha.
Recollémolo no blogue da biblioteca.
Este libro resultou moi difícil para este nivel educativo, porque deita olladas diferentes cara a unha figura maxistral e pouco coñecida, pero que serviu de base para logo visionar a película "Agora" e tamén falar dela.
Etiquetas: 3º ESO, Club de lectura Matemática, Películas
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura “Lois Pereiro”, En lingua galega, Fomos ao cine, Reunión
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 2º ESO, En lingua galega, Reunión
EL HOGAR DE MISS PEREGRINE PARA NIÑOS PECULIARES
0 comentarios Publicado por a ás mércores, febreiro 08, 2017Un libro que gusta e un autor que normalmente engancha ao lectorado, máis a este tipo de nenos e nenas que queremos enganchar á lectura. De feito, este é un dos libros que máis gustou de entre todos os lidos.
Etiquetas: 3º ESO, Club de Sara Castro “Gozando no Laxeiro”, Reunión
Etiquetas: 4º ESO, Club de lectura “Lois Pereiro”, Crise económica, Opinión dun libro, Reunión
Sabiamos que este libro é un deses que non defraudan, que axuda a crear lectorado. E así foi. Despois de ler "Un monstro vén a verme" decidímonos por este, que sempre deita un bo sabor de boca. E así foi.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 2º ESO, En lingua galega, Reunión
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio