O profesor que coordina o club de lectura Matemática decidiu este curso traballar o papel da muller nas ciencias e para iso centrouse nas matemáticas como visibilización daquelas que por seren do xénero feminino estiveron ocultas tanto tempo. De comezo, elixiron este libro:
Realizouse unha lectura demorada debido á complexidade deste tipo de libros.
Etiquetas: 3º ESO, Club de lectura Matemática
Libro: Un monstro vén a verme
Autor: Patrick Ness
Tradución ao galego: Xesús Fraga
Un grupo de alumnos
e alumnas de 2ª da ESO e a súa profesora de galego Cruz Buján reunímonos para decidir
gozar da lectura e o primeiro libro que escollemos foi o de Patrick Ness, Un monstro vén a verme. Decidimos ler
esta obra e posteriormente irmos ao cine ver a adaptación cinematográfica.
Despois de facer
todo o traballo ou pracer (segundo se mire) de ler e ver a película, o día 21
de novembro reunímonos e compartimos un xantar e as nosas experiencias con esta
obra.
O primeiro que salientou
o alumnado foi o dura que é a realidade e por conseguinte o tema principal
desta obra (a morte dunha nai a consecuencia dun cancro). O distinto xeito de
ver e tratar a un fillo por parte dos dous proxenitores e o tipo de relacións
que se poden ter cos avós foron outros dos temas que se analizaron neste
xantar.
En consecuencia,
unha boa obra (aínda que con bastante diferencia entre o orixinal escrito e o
filme) pero quizais dura de máis para a idade destes adolescentes.
Debido ás peculiaridades deste club, de nenos e nenas con certa dificultade lectora, que están en PMAR, as sesións do club fanse con lectura en voz alta compartida, todos os luns, para ir avanzando na lectura entre todos e todas, analizando o lido e poñéndoo en común. Sabemos que é o único xeito de que este alumnado poña en valor a lectura e poida sacar máis aproveitamento da súa propia experiencia lectora. A semana pasada levámolos ao cine a ver esta película do libro que estiveron a ler, e para eles e elas foi unha experiencia única porque nunca acudiran a un cine. Só por iso pagou a pena.
Etiquetas: Club de lectura “Sen ruído” de 2º ESO, En lingua galega, Reunión
Pareceunos unha boa ocasión para reunir varios clubs do centro nunha soa actividade a asistencia ao cine da obra "Un monstro vén a verme" para logo pór en común todas as opinións. Así que fomos a Leiro un luns pola tarde ao rematar as clases, tamén co propósito de que o alumnado coñecese esta sala de cine tan meritoria dende o noso punto de vista.
Foi unha gran experiencia, o libro gustounos e a maior parte do alumnado puido coñecer un pequeno cine que existe grazas a ilusión e ao traballo dunha soa persoa que cre na cultura nunha vila pequena e loita por ela co seu esforzo particular.
Un libro que ano tras ano segue a ser un "best-seller" da nosa literatura e que encanta. Un bo xeito de nos achegar á poesía, sabendo que imos acertar de pleno. Unha marabilla!
Etiquetas: 3º ESO, Club de Sara Castro “Gozando no Laxeiro”, En lingua galega, poesía, Reunión
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)