Despedímonos
por este curso. Parecía mentira cando empezamos, pero fomos quen de gozar e compartir con moitas lecturas. Para todos nós era unha
viaxe nova, e incluso sabemos que algúns pensaban que os alumnos de
diversificación non eramos bos candidatos para esta viaxe. Seguro que agora xa perderon ese prexuízo,
somos tan lectores coma calquera e este club é a proba.
Lemos e seguiremos lendo. Agora
temos un criterio propio e ata nos atrevemos a recomendar lecturas: mirade na
nosa bolsa de libros que seguro que temos algo para vós. Porque estas bolsas
que hoxe portamos non son só unha obra de arte senón que achegan novas
aventuras e desafíos para pasar o verán. Grazas aos rapaces de 1º da ESO polo
magnífico traballo realizado decorándoas. Se queres unha, pasa pola nosa
biblioteca: regálanse a todos os que buscamos libros emocionantes para o verán.
Pasade un bo verán acompañados sempre dunha boa lectura!
Etiquetas: Club de Hortensia Román
Seguindo o ronsel do curso, o club de lectura comandado por Hortensia Román quere recomendar as lecturas preferidas de cada un deles. Ademais das lecturas en común, fixeron lecturas individuais que se transformaron en compartidas. Este foi o resultado deste terceiro trimestre lector:
Present3ªav from Meigamaior
Queremos felicitar a este alumnado e a súa profesora por tantas lecturas compartidas.
Etiquetas: Club de Hortensia Román, Recomendacións
Durante o mes de maio lemos As viaxes de Gulliver do autor irlandés
Jonathan Swift, na adaptación de Martin Jenkins, en Vicens Vivens. Antes de
empezar a lectura buscamos información sobre o autor e o impacto desta obra no
momento de publicación no seu tempo. Esta actividade resultou especialmente interesante
e enriquecedora xa que nos levou a discutir sobre a crenza tan estendida de que
As Viaxes de Gulliver é unha lectura
infantil.
Coa
lectura por partes descubrimos como cada
unha das catro viaxes que realiza Gulliver representa unha parte corrupta de
Inglaterra e como o libro é unha critica ao goberno, á sociedade, á ciencia e á
relixión . Nada máis actual e menos infantil! Lendo e comentando a novela,
fomos vendo como o libro non é só unha historia dun xigante ou un ser diminuto
como pensabamos a priori, chegando incluso a resultar unha lectura complicada
por momentos. A dificultade para establecer o contexto histórico e social foi
un dos problemas que fomos solucionando ao longo da lectura grazas á agradable
prosa de Swift.
Esta
foi a última lectura en común do noso club e, como podedes ver na foto,
decidimos intercambiar os últimos
pareceres sobre o libro ao redor duns
chocolates e zumes na cafetería do centro.
Etiquetas: Clásicos adaptados, Club de Hortensia Román, En lingua galega
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)