De novo abordamos a lectura dun clásico adaptado, Lazarillo de Tormes, na editorial Vicens Vives. Como non podía ser doutra forma gustounos moito e resultounos fácil mergullarnos na súa lectura. Divertiunos a astucia do Lazarillo para enganar a algúns dos seus amos e roubarlles a comida. Moito menos divertido foi ver o triste mundo no que vivía o protagonistas, e como a súa curta idade tiña que andar loitando só contra as dificultades: fame, violencia…
Sempre
acertaremos recomendando este clásico da nosa literatura.
Etiquetas: Clásicos adaptados, Club de Hortensia Román
Esta obra de teatro gustou e non gustou.
O clube non se puxo de acordo.
O grupo dos NON:
Isabel Otero: “A trama é liosa , con
moitas personaxes, e perdinme moito cando o lía”
Sole Otero: “Fácil de ler, pero non é un
libro do meu gusto. Fáltalle sentimento “
Carmen López: “Lo que menos me ha gustado
ha sido ese final tan abierto…”
O grupo dos SI
Sonia García: “Gustoume, aínda que ao
principio fixen un lío de nomes na miña cabeza.
Cando avancei na lectura foime collendo e finalmente ata me pareceu unha
historia bastante emotiva. O final aberto gustoume e fíxome reflexionar sobre o
duro da posguerra”.
Laura Soengas: “É un libro que engancha e
ten bastante toques de humor. Para min estivo xenial”.
Félix Estévez: “A min gustoume porque é
emotivo e ten unha chispa de humor”
Quizais nunha carreira en bicicletas
podamos desempatar… Imossssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssssss
A obra foi levada ao cine por Jaime
Chávarri nunha versión que non ten desperdicio. Bota unha ollada.
Etiquetas: Club de Sara Castro
Tal como fixeron no primeiro trimestre, o club de lectura comandado por Hortensia Román quere recomendar as lecturas preferidas de cada un deles. Ademais das lecturas en común, daquela, fixeron
lecturas individuais que se transformaron en compartidas. Este foi o
resultado:
Etiquetas: Club de Hortensia Román, Recomendacións
Publicacións máis recentes Publicacións máis antigas Inicio
Subscribe to:
Publicacións (Atom)